De xoves a luns, a RG ofrece cinco edicións de ‘Galicia en Goles’ para contar os compromisos dos equipos galegos

0
10

Santiago, 28.10.2021.-    A Radio Galega emitirá durante os vindeiros días cinco edicións de ‘Galicia en Goles’, de xoves a luns, para contar as próximas xornadas das competicións deportivas.

As retransmisións comezarán hoxe ás 18.45 h, cando o programa estará en Balaídos para retransmitir o Celta-Real Sociedade de Primeira División. Tras golear o Xetafe, o equipo de Coudet afronta a visita do líder da categoría. O venres, desde as 19.45 h, o protagonismo será para a Primeira RFEF de fútbol co Rayo Majadahonda-Rácing de Ferrol, que se disputa no estadio do Cerro del Espino.

O sábado, a partir das 15.00 h, destacan dous partidos: o Lugo-Spórting de Xixón, no Anxo Carro, e o Deportivo-Badaxoz, en Riazor. O derbi da Segunda RFEF e os encontros adiantados da Terceira completan a axenda futbolística. Ademais, e de xeito íntegro a través de radiogalega.gal e da aplicación para o móbil, os afeccionados ao baloncesto poderán gozar da retransmisión do Obradoiro-Tenerife, da Liga ACB. Na última hora do día chegará a información do motor na sección ‘Gas a Fondo’ e a do deporte olímpico no espazo ‘Galicia en París’.

O domingo, desde as 12.00 h, a sesión matinal do ‘Galicia en Goles’ pasará polos encontros Celta B-UD Logroñés e o Compostela-Segoviana. E desde as 15.00 h, a xornada da tarde repartirá xogo entre o Breogán-Murcia, de ACB, e a Segunda e Terceira RFEF. Ás 23.00 h, os especialistas xuntaranse arredor da mesa de debate de ‘Ao Contraataque’ para analizar os resultados dos equipos galegos.

Por último, o luns haberá unha edición extraordinaria de ‘Galicia en Goles’ desde as 18.00 h coa retransmisión do Rayo Vallecano-Celta, da Primeira División.

Fóra das competicións, a Radio Galega ofrece o sábado o espazo de proxección social ‘Convivir Deportivo’. Ás 13.00 h, Alfonso Pardo visitará Boimorto para homenaxear unha deportista que fixo historia no atletismo: a lanzadora Ánxeles Barreiro.

Fuente Crtvg.es