Dous amigos de toda a vida procedentes de Vila de Cruces aceptan este martes o desafío de ‘Lixo ou Tesouro’

0
54

Adentraranse no fascinante mundo dos obxectos misteriosos co obxectivo de seleccionar o máis valioso dunha variada colección, en que atoparán, entre outras cousas, un cadro, un vestido e un paraugas

Dous amigos de toda a vida procedentes de Vila de Cruces aceptan este martes o desafío de 'Lixo ou Tesouro'

Santiago, 28.11.2023.-    O programa ‘Lixo ou Tesouro’ (22:45 h) contará esta semana participación de David e Sergio, unha parella de amigos que viven en Vila de Cruces. Coñecéronse cando tiñan seis anos e levan toda a vida xuntos.

Estes serán os concursantes que hoxe se adentrarán no fascinante mundo dos obxectos misteriosos co obxectivo de seleccionar o máis valioso dunha variada colección, onde atoparán, entre outras cousas, un cadro, un vestido e un paraugas.

Para conseguilo, disporán de tres roldas, en que a tensión e a emoción irán aumentando a medida que se descubran os valores reais dos obxectos que vaian descartando. Ao final, a presentadora do programa, María Mera, desvelará o premio que levarán David e Sergio, que coincidirá co valor do obxecto co que decidan quedar.

Fuente Crtvg.es