Dous fenómenos fan, o grupo Sweet California e a orquestra El Combo Dominicano, poranlle ritmo esta noite a ‘Bamboleo’

0
8

Santiago, 05.09.2020.- O espazo de música e entretemento ‘Bamboleo’ (22.00 h) convida esta noite a subir ao seu escenario a girlband Sweet California, formada por Sonia Gómez, Alba Reig e Tamy Nsue. O grupo, que se deu a coñecer hai un lustro a través das redes sociais e que interpreta temas pop, é un auténtico fenómeno adolescente no panorama musical español.

O programa da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá a visita de Tere Blanco e Arturo Moreno, que interpretarán a dúo a bachata ‘Mal de amor’, e de El Combo Dominicano, todo un fenómeno de masas, especialmente entre a mocidade galega, que en cada actuación arrastra unha lexión de seguidores. Expertos en sons caribeños e ritmos frenéticos, chegaron a Galicia desde as Illas Canarias en 2005 e non pararon de medrar ata converterse nun auténtico fenómeno social.

No escenario tamén estarán Rut Fervenza, interpretando ‘90 minutos’, de India Martínez, e Misael Sánchez, co tema ‘Yo no sé mañana’, de Luis Enrique, para competir ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Christian e Marcela se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Lo bueno’, de Soraya e Bombai, e ‘Dirtidansi’, en que Kevin e Laura bailarán rumba e chachachá.

Fuente Crtvg.es