Dous grandes do panorama nacional, o director Eduardo Casanova e o actor Iván Massagué, visitan este xoves o ‘Land Rober Tunai Show’

0
30

Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas van descubrir as anécdotas máis divertidas que ten a xente con eles

Dous grandes do panorama nacional, o director Eduardo Casanova e o actor Iván Massagué, visitan este xoves o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 20.10.2022.-   ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves dous grandes do panorama nacional. Visitan o programa o director Eduardo Casanova e o actor Iván Massagué e xuntos van comprobar como se altera a adrenalina no estudio.

Pola súa parte, Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas van descubrir as anécdotas máis divertidas, e igual algo falcatrueiras e comprometidas, que ten a xente con eles. Será un cara a cara en que pode pasar de todo.

Hai tamén novidades en ‘Traspazos’. A alcaldesa convocou a vila no pavillón para dar conta das novas medidas para o aforro enerxético. Ademais, o público vai ser o protagonista dunha nova entrega de ‘O que máis!’. Isto e moito máis, este xoves a partir das 22.00 h horas na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es