Duelo de humor no ‘Land Rober Tunai Show’ deste xoves: Roberto Vilar recibe o alcalde de Vigo, Abel Caballero

0
38

A audiencia coñecerá os artistas que se encargarán da cabeceira da nova temporada do programa e poderán escoitar a nova versión do tema ‘Hei Tunai!’

Duelo de humor no 'Land Rober Tunai Show' deste xoves: Roberto Vilar recibe o alcalde de Vigo, Abel Caballero

Santiago, 21.09.2023.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta noite (22:00 h) un dos alcaldes galegos con máis tirón nas rúas e tamén nos medios, especialmente no Nadal. Antes de prender as súas famosas luces en Vigo, Abel Caballero visita o estudio do programa da Televisión de Galicia. Coma sempre, as risas están aseguradas. E haberá un adianto das festas moi luminoso da man de dous electricistas algo novatos.

Doutra banda, a audiencia coñecerá os artistas que se encargarán da cabeceira da nova temporada do programa e poderán escoitar a nova versión do tema ‘Hei Tunai!’. E non faltarán os mellores sketches con Eva Iglesias, Miguel Canalejo e a influencer Tamara GR, nova colaboradora do ‘Land Rober’.

Fuente Crtvg.es