Elxe-Celta, Español-Lugo e a Segunda B, no ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega

0
28

Santiago, 06.11.2020.- A fin de semana está chea de partidos. O venres, desde as oito e media do serán, Paco Santos dirixe a primeira edición, ata as doce da noite, coa retransmisión do Elxe-Celta, da Primeira División. Roberto Carlos Carballo encargarase da narración, co apoio dos especialistas Víctor López, José Valtierra e Moncho Carnero.

O sábado, ás tres, Xoán Galán conduce unha intensa xornada, centrada no Español-Lugo, da Segunda División A, e no Compostela-Guijuelo, da Segunda B. O Ribadumia-Estradense, da Terceira, completa a axenda futbolística. Ademais, o programa seguirá o baloncesto da LEB Ouro co Breogán-Valladolid e o balonmán de prata co Teucro-Adrianenc.

O domingo, a edición matinal adianta o comezo ás doce menos cuarto para contar dúas citas da Segunda B: Deportivo-Coruxo e Celta B-Unionistas. Na Terceira tamén hai partido adiantado, o Viveiro-Somozas. Desde as tres, a sesión de tarde seguirá o Zamora-Pontevedra, co liderado do grupo en xogo, e o Salamanca-Rácing de Ferrol. Tamén terán presenza oito encontros da Terceira e o Deportivo-Sevilla, da Primeira feminina.

A partir das oito e media, adestradores e xornalistas reuniranse no Faladoiro para debater sobre os resultados dos nosos equipos. Esta emisión, ademais de chegar polas ondas da FM, tamén se poderá ver no streaming do Mira RG, a través da web radiogalega.gal e aplicacións para o móbil. O tempo de análise continuará ás once da noite no espazo ‘Ao Contraataque’.

Durante a fin de semana, o equipo de Deportes da Radio Galega ten preparado outros espazos. O sábado, á unha da tarde, Alfonso Pardo visita o concello de Bergondo para presentar no ‘Convivir Deportivo’ o crecemento do club de pádel D3. Ás once e media da noite, Toni López continuará dando voz aos deportistas galegos que preparan os próximos Xogos Olímpicos de Toquio 2021.

Fuente Crtvg.es