En ‘A Sariña busca pretendentes’, remata hoxe a cuarta rolda de clasificación para a gran final

0
10

Santiago, 25.5.2022.- No programa de hoxe de ‘A Sariña busca pretendentes’ (23:15 h), remata a cuarta rolda de clasificación e os espectadores verán por fin cal das tres parellas a concurso pasa á gran final. Neste caso, parten como favoritos ‘Os Charritos’, pero o matrimonio de Carballo non debe confiarse, xa que os seus adversarios aínda teñen opcións.

‘Os Gandereteiros’ e ‘As Dispostas’, conscientes de que aínda poden dar a sorpresa, chegan moi fortes esta semana e loitarán a pé de obra facendo grandes avances nas súas respectivas misións. E é que, despois 12 semanas de reforma na Sariña, a posibilidade de gañar esta espectacular vivenda no rural resulta cada día mais apetecible.

Ademais, todos terán moi presente a importancia dos veciños e irán ás citas cargados de boas intencións, humor e moito ánimo. Pero, coma sempre, o veredicto das xentes de Erbecedo será unha incógnita que non se coñecerá ata chegar á gala de desterro. Hoxe toca despedir dúas parellas, e sen dúbida, non faltarán emocións. 

Fuente Crtvg.es