Aínda que non ten nin idea de arte, a súa misión será elixir un cadro cuxa inauguración marcará o inicio do período electoral
Santiago, 08.07.2020.- Na entrega deste mércores da serie ‘Do Dereito e do Revés’ (22.45 h), Moncho quere demostrarlle a Sara que é un home sensible. Para iso, e tamén a cambio de que admitan a Lucía nun curso de fotografía, acepta asesorar un concelleiro na elección dun cadro cuxa inauguración marcará o inicio da campaña electoral.
Que Moncho non teña nin idea de arte é o de menos, pois conta coa axuda de Manolo e do Pianista. Os tres teñen moi claro que precisan algo impactante. E tratándose deste trío, é probable que o consigan.
Fuente Crtvg.es