En Ponteceso, o equipo de ‘Galicia Bonita’ enfróntase este martes a unha illada vivenda en bloque e a unha propietaria que levará un control exhaustivo da reforma

0
78

O ambicioso que é o proxecto dificultará unha semana de traballo que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos

En Ponteceso, o equipo de 'Galicia Bonita' enfróntase este martes a unha illada vivenda en bloque e a unha propietaria que levará un control exhaustivo da reforma

Santiago, 13.06.2023.-    Esta semana, nunha nova entrega de ‘Galicia Bonita’ (22.35 h), a arquitecta Rosa Facal e o seu equipo viaxan a Ponteceso, onde o gusto por harmonizar elementos arquitectónicos brilla pola súa ausencia na vivenda e o soportal posterior de Dosinda, que foron feitos cun funesto respecto pola contorna.

Nesta localidade bergantiñá o equipo de ‘Galicia Bonita’ enfróntase a unha illada vivenda en bloque e a unha anciá propietaria que levará un exhaustivo control da reforma. O ambicioso do proxecto dificultará unha semana de traballo que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos.

Fuente Crtvg.es