Esta noite, as armas chegan a Vigo e comeza a operación de empaquetado coa maquinaria da ‘Auga Seca’

0
19

En Lisboa, Teresa confirma que Peristerias pertence a Finance Invest, empresa fundada polo seu pai Joâo

Esta noite, as armas chegan a Vigo e comeza a operación de empaquetado coa maquinaria da 'Auga Seca'

Santiago, 06.12.2021.-  De volta en Lisboa, Teresa confirma hoxe en ‘Auga Seca’ (23.10 h) que Peristerias pertence a Finance Invest, empresa fundada polo seu pai Joâo. Pídelle a Filipe, o socio de Joâo e actual director da empresa consultora, investigar para a súa tese de doutoramento, que vai sobre a implantación dos novos modelos financeiros dos que o grupo foi pioneiro.

En Vigo, as armas chegaron e comeza a operación de empaquetado coa maquinaria da ‘auga seca’. Irene descobre a operación en curso e intenta deter a Mauro, pero, despois dunha tensa discusión, comprende que precisan sumar forzas. Mentres, en Lisboa, Abel trama con Nuno e Costa asaltar a Lázaro en vinganza pola súa traizón.

Fuente Crtvg.es