Esta noite na dobre entrega de ‘A desorde que deixas’, Raquel comeza a investigar a vida de Viruca

0
18

Santiago, 02.01.2022.- A TVG ofrecerá este luns pola noite dúas novas entregas de ‘A desorde que deixas’, unha das series do momento, baseada na novela do mesmo título de Carlos Montero, gravada en Galicia e protagonizada polo santiagués Tamar Novas, Inma Cuesta e Bárbara Lennie.

No terceiro capítulo, titulado ‘Conta ata tres’, despois de que Raquel atopase unha nota cunha ameaza de morte e comezase a descubrir quen é realmente Viruca, a profesora á que substitúe, os espectadores verán como a protagonista, movida pola culpa, decide como responder ás chantaxes do vindeiro exame. Ademais, Iago comeza a verse con Viruca fóra das aulas.

A continuación, en ‘Caída en picado’, Raquel está desesperada por saber máis sobre Viruca e comeza a investigar a súa vida. Ademais, no pasado, Iago séntese devastado ao darse conta dun feito crucial.

Fuente Crtvg.es