Este martes, en ‘Casamos!’, Carol e Álex casan logo de 20 anos xuntos e tres fillos en común

0
25

Será unha voda íntima e moi familiar, rodeados da familia que construíron

Este martes, en 'Casamos!', Carol e Álex casan logo de 20 anos xuntos e tres fillos en común

Santiago, 11.04.2023.-    Carol e Álex, os protagonistas da historia de amor que amosa esta semana o espazo ‘Casamos!’ (22.35 h), coñecéronse nos corredores do instituto onde estudaban, hai xa máis de 20 anos. A primeira cita non tardou en chegar e, co primeiro bico, comezaron a relación que continúa hoxe en día.

Primeiro foron vivir xuntos e cos anos tiveron que superar algún que outro revés. Tamén se converteron en pais de tres nenos, cos que remataron de formar a súa gran familia. Agora, despois de toda unha vida, casan nunha voda moi íntima e familiar.

Fuente Crtvg.es