Este martes en ‘Saudade de ti’ Raúl sae do cárcere, pero séntese máis só ca nunca cando Celia non está ao seu carón

0
28

Debido á súa enfermidade, Elba non pode seguir vivindo soa, pero tampoucoquere regresar á casa dos pais, polo que recibe a oferta de Brais de compartir piso (22.35)

Este martes en ‘Saudade de ti’ Raúl sae do cárcere, pero séntese máis só ca nunca cando Celia non está ao seu carón

Santiago.-15.08.2023.- No capítulo desta noite de ‘Saudade de ti’, Raúl sae por fin do cárcere, pero Celia non está ao seu carón e el séntese máis só ca nunca. Nestes complicados momentos parece que o seu único refuxio son seus pais e mais Mónica. 

Debido á súa enfermidade, Elba non pode seguir vivindo soa, pero tampouco quere regresar á casa de seus pais. O seu primo Brais proponlle compartir piso para poder coidar dela. Teresa tense que asegurar de que o seu ril é compatible co da súa filla, pero hai algo que perturba a convivencia no bar: a sospeita de que Belén poida ter algo con Gaspar. 

Por outro lado, despois dos problemas de convivencia que provocou, Santi convida a Álex a marchar do piso de Mauri. A cuestión é que a rapaza non ten onde ir. 

Fuente Crtvg.es