Este xoves, en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, entran na competición Ruth Núñez e Ángel Hasegawa

0
18

Santiago, 29.07.2021.-     Baixo a batuta de Paco Lodeiro, ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22.25 h) suma hoxe unha nova xornada de competición, con Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e Mon e Ula, do grupo Monoulious DOP, afanados en atopar o mellor artista da verbena galega, aquel ou aquela capaz de convencer o público de todas as idades.

No quinto programa, ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ presentará a Ruth Núñez, unha cara máis que coñecida no mundo das verbenas, a única muller que estivo en todas as grandes orquestras de Galicia: Olympus, París de Noia, Panorama… e que agora milita en La Ocaband.

O espazo da TVG tamén recibirá esta noite a Ángel Hasegawa, un venezolano con ascendencia xaponesa e pertencente á formación Cinema. Competirán por facerse finalistas con Laura Añón, da orquestra Finisterre; Danni Lamas, de Kubo; Diego Moreira, da París de Noia; Noly, de Los Satélites; Antonio Barros, de Kubo, e Iria Quintáns, de Maremagnum. Ademais, o estudio converterase no campo de festa, cunha verbena moi especial.

Fuente Crtvg.es