Este xoves estréanse en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ Rocío Varela, da orquestra New York, e Ángel Sevilla, de La Fórmula

0
62

Santiago, 15.07.2021.-  A terceira entrega desta temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ chega á TVG con moitas sorpresas. As mellores voces da verbena galega compiten nun programa cargado de humor, emoción e música por coroarse como o cantante extraordinario de 2021. 

Nesta semana estrearanse no concurso Rocío Varela, da orquestra New York; e Ángel Sevilla, de La Fórmula. Ademais, Antonio Barros, da orquestra Kubo, cuxo debut tivo lugar a semana pasada, protagonizará un dos momentos máis icónicos da noite, cortando o pelo en directo. Que tal lle quedará o novo peiteado? Perderá a súa forza vocal a cortar o pelo como indicaban Lito e Ula no programa anterior? Participarán tamén nesta gala as xa coñecidas gañadoras da pasada semana Alba Navarro, da orquestra Los Satélites; e Alejandra Pais, de Fania Blanco Show; así como Laura Añón, da orquestra Finisterre; Noly, de Los Satélites; e Diego Moreira, da París de Noia. 

O xurado, composto por Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e o dueto cómico e musical Mon e Ula, do grupo Monouliuos DOP, terá que decidir cal é a voz capaz de convencer o público de todas as idades nunha nova entrega do concurso musical conducido por Paco Lodeiro

Fuente Crtvg.es