Este xoves, o segundo partido polo ascenso á ACB, na Radio Galega

0
4

Santiago, 15.06.2021.- A Radio Galega ofrece este xoves a retransmisión do segundo partido polo ascenso á Liga ACB de baloncesto entre o Breogán de Lugo e o Granada. A partir das oito e vinte e cinco da tarde, Paco Santos dirixe o programa especial de deportes para contar o que suceda durante os corenta minutos de xogo no encontro máis importante da temporada para o equipo que prepara Epi.

Ao perder o sábado en Granada, o Breogán está obrigado a sumar a vitoria para forzar o desempate, que se disputaría na pista andaluza o próximo domingo ás 7 da tarde. A presenza de 1.500 seareiros nas bancadas será unha axuda extra para cumprir o obxectivo e xogar todo a unha carta tres días despois.

Raúl Villares encargarase da narración do Breogán-Granada, apoiado co micrófono sen fíos de Roberto Carlos Carballo a pé de pista para recoller os tempos mortos dos adestradores e, ao final, falar cos protagonistas.

A partir das 11 da noite, os oíntes da Radio Galega terán o resumo do partido na edición de ‘Ao contraataque’, presentada por Toni López García.

As retransmisións deportivas continuarán durante a fin de semana. O venres, o ‘Galicia en goles’ adianta de oito e media da tarde a 12 da noite o calendario deportivo dos equipos galegos. O sábado, desde as 3, o protagonismo será para a Eurocopa. O domingo, a sesión matinal contará o fútbol feminino e, desde as 3 da tarde, a atención estará posta na final de Terceira e no desenlace da fase pola permanencia.

Fuente Crtvg.es