Esta produción dá conta da grande experiencia de dous seguidores do futbolista Johan Cruyff
Santiago, 29.3.2022.- Nunha nova noite de martes de estrea documental, a segunda canle da Galega ofrecerá hoxe ‘A obra mestra’ (23.25 h), unha produción que gañou o Premio Circom 2021 na categoría de música e arte.
Este documental conta a historia persoal do escultor Hans Jouta. O soño dun artista e do seu pai, ambos os dous seguidores do futbolista Johan Cruyff, crea unha grande experiencia que dá como resultado unha estatua de bronce do seu ídolo.
Fuente Crtvg.es