Fin de semana no ‘Galicia en Goles’, con partidos de liga e pretemporada

0
1

Santiago, 02.10.2020.- A Radio Galega inicia a programación deportiva da fin de semana hoxe ás oito e media do serán coa retransmisión dos partidos Liceo-Taradell, da primeira xornada da Liga OK de hóckey a patíns, e o amigable de fútbol Paiosaco-Silva, a dúas semanas para o comezo da Terceira División.

O sábado, desde as tres, o programa estará centrado na pretemporada da Segunda B co Bergantiños-Deportivo e o Rácing Vilalbés – Rácing de Ferrol. Outros encontros como o Arenteiro-Lugo B e o Alondras-Arzúa tamén terán presenza na tarde deportiva, xunto ao Bilbao-Obradoiro da Liga ACB de baloncesto e o comezo do fútbol sala masculino: O Parrulo-Zaragoza e Burela-Cartagena.

As citas máis importantes da fin de semana chegan o domingo. Desde as doce menos cuarto, a sesión matinal contará o Osasuna-Celta, da Primeira División, que se vai disputar no estadio Sadar. A partir das tres, o ‘Galicia en Goles’ retransmitirá o Cartagena-Lugo de Segunda División, en Cartago Nova. Antes, a atención dos seareiros pasará  pola final da Copa RFEF entre o Estradense e Rápido de Bouzas, en Santiago de Compostela. No polideportivo destaca o Cisne-Huesca, da liga Asobal de balonmán, en Pontevedra.

Todas as emisións deportivas da Radio Galega chegan á audiencia a través da FM, TDT, radiogalega.gal, a aplicación Radioplayer España e os altofalantes Alexa.

Fuente Crtvg.es