‘Galicia bonita’ afronta hoxe a recuperación de dúas construcións comunitarias en Manzaneda

0
16

Os veciños da parroquia de Rozavales solicitarán a axuda do programa para restaurar un antigo forno e un lavadoiro en moi mal estado de conservación

'Galicia bonita' afronta hoxe a recuperación de dúas construcións comunitarias en Manzaneda

Santiago, 22.5.2022.-  No programa ‘Galicia bonita’ (23:15 h) desta noite, a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes dirixiranse cara á parroquia ourensá de Rozavales, no concello de Manzaneda, coa encarga de recuperar dúas construcións comunitarias. A veciñanza solicitará axuda á líder do ‘Galicia bonita’ para restaurar un antigo forno e un lavadoiro en moi mal estado de conservación.

Aínda que a obra deste domingo non semella dun gran volume, o equipo terá que facer fronte a unha baixa de última hora, que dificultará a entrega no prazo acordado máximo dunha semana.

Fuente Crtvg.es