‘Galicia Bonita’ asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia

0
42

A súa propietaria acaba de recibir a vivenda, cunha leira e unha zona de lecer absolutamente desafiuzadas

'Galicia Bonita' asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia

Santiago, 08.10.2023.-    No programa desta semana de ‘Galicia Bonita’ (22:55 h), a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes viaxarán a Verín, onde atoparán a propiedade de Miryam, cunha leira absolutamente desafiuzada e unha casiña e unha zona de lecer en estado total de decadencia.

Miryam acaba de recibir a propiedade, que leva 10 anos abandonada e hai que arranxala. A súa ilusión é que as súas fillas pequenas teñan contacto con Verín, coas súas raíces, e queiran estar na casa e na leira. Pero a ausencia dun baño do que poder facer uso, fará que os ánimos estean moi caldeados entre os integrantes do equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’.

Fuente Crtvg.es