‘Galicia bonita’ atópase esta noite cun muro difícil de derribar na reforma dunha vivenda en Ponteareas

0
27

O equipo liderado por Rosa Facal atoparase cunha casa pechada nun espazo moi estreito e o seu obxectivo será mellorar a sensación de diafanidade (22:55 h)

'Galicia bonita' atópase esta noite cun muro difícil de derribar na reforma dunha vivenda en Ponteareas

Santiago, 19.11.2023.-   Esta noite, a arquitecta Rosa Facal e o equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ marcha a Ponteareas, para darlle unha volta á vivenda de Paula, unha afeccionada á música que toca o clarinete. Este concello pontevedrés destaca pola súa riqueza patrimonial, con mostras coma o convento de Canedo ou o Castro de Troña –  que visitarán os reformadores do programa – e natural, con correntes de auga e fragas de gran beleza, e a rota da lamprea. 

Os reformadores máis populares da TVG atópanse nesta contorna cunha casa pechada nun espazo moi estreito, cun antigo lagar e rodeada por un muro de bloques. A idea do equipo será mellorar a sensación de diafanidade. E para iso hai que tirar o muro. Porén, Manolo, o pai de Paula, non vai estar polo labor e haberá que tentar convencelo. Non quere saber nada dunha reforma que pase por rebaixar os muros ou portóns da finca. Segundo explicará no programa de hoxe, porque iso supón deixar máis exposta a vivenda a veciños e delincuentes. Como chegará a acordo coa propiedade o equipo de ‘Galicia Bonita’ e cal será o resultado desta complicada reforma? Os espectadores descubrirano esta noite nunha nova entrega do programa. 

Fuente Crtvg.es