‘Galicia en Goles’ remata a temporada o domingo coa final da Copa da Costa de fútbol desde Santa Comba

0
7

Santiago, 30.6.2022.- O programa ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega remata esta fin de semana a temporada 21-22. O sábado, desde as seis da tarde e ata as once da noite, contará a liga galega de traíñas desde a praia de Santa Cristina, en Oleiros, xunto ao congreso de fútbol sala en Santiago de Compostela, a Vigo Cup de fútbol e o partido de balonmán xunior España-Serbia desde O Rosal.

O domingo, o protagonismo será para a final da Copa da Costa de fútbol. O programa instalará o estudio móbil no campo da Fontenla de Santa Comba para contar o Fisterra-Esteirana desde as seis da tarde. Durante a tarde tamén tamén analizará a final feminina disputada pola mañá entre o Bergantiños e o Noia, ademais de conectar co campionato galego de atletismo na Coruña e co torneo de tenis do Corpus en Ponteareas.

A temporada de retransmisións remata na Radio Galega, pero durante a fin de semana o ‘Galicia en Goles’ terá presenza con dúas edicións informativas os sábados e os domingos, ás dúas e cuarto e ás oito da tarde. O programa tamén aparecerá en antena os venres, ás once da noite, con redifusión na madrugada do sábado ás seis da mañá.

Polo demais, a programación deportiva da emisora autonómica non sofre modificacións nesta temporada estival. Continúa de luns a venres ás tres da tarde ‘Zona Mixta’ e de domingo a xoves ‘Ao Contraataque’, ás once da noite.

Fuente Crtvg.es