Hoxe, en ‘Saudade de ti’, Lucho ten que convencer o comité de ética de que tras a doazón do ril a Elba non hai interese económico

0
18

Santiago, 04.09.2023.-    Na dobre entrega desta noite de ‘Saudade de ti’ (22:40 h), Álex non quere ver a Noa despois da súa festa de aniversario e ten un bo motivo para regresar a Valencia. Tampouco Brais parece disposto a retomar a amizade.

Doutra banda, a filla de Mónica evoluciona de forma favorable tras someterse á operación e Raúl comeza a dar motivos para volver confiar nel. Parece o momento propicio para revelarlle o nome da nena á familia.

Lucho xa ten piso e traballo grazas a Teresa. O problema é que, tal e como solucionou o asunto, o comité de ética pode ver iso como unha forma de pago a Lucho pola doazón do seu ril a Elba.

Na segunda entrega de ‘Saudade de ti’, Mónica non se quere afastar da súa nena, pese que evoluciona ben. Para Raúl, o peor é que parece que ela o quere lonxe da filla.
 
Lucho tense que presentar ante o comité de ética para doarlle o seu ril a Elba. Para superar os criterios de aptitude ten que demostrar que detrás da decisión non hai intereses económicos. Celia e Teresa quérenlle axudar, pero el ten as súas propias ideas.

Para Brais está claro que o sugar daddy de Álex é unha invención, pero Noa quere probas. Se cadra, o que descobren é que hai cousas que é mellor non saber.

Fuente Crtvg.es