Hoxe terá lugar a primeira semifinal de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’

0
39

Os dous concursantes coa puntuación máis alta pasarán directamente á final

Hoxe terá lugar a primeira semifinal de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'

Santiago, 07.09.2023.-    ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22:00 h) trata de atopar, unha noite máis, o mellor cantante de Galicia. O programa de hoxe é moi especial, pois comeza a primeira semifinal. Os concursantes xogan moito, xa que os dous que máis puntos acaden na táboa xeral quedarán clasificados directamente para a gran final do programa.

En cada entrega, aos membros do xurado fáiselles máis complicado puntuar os participantes e ter que elixir quen pasa de fase. Unha actuación moi esperada será a de Rubén Darío, que por fin cumpre o seu soño de cantar coa súa madriña, Alejandra Pais. Daralle sorte e pasará a final de hoxe? Que dous concursantes terán o privilexio de pasar á final? Os espectadores descubrirano hoxe en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’.

Fuente Crtvg.es