‘Land Rober Tunai Show’ arranca a súa 10ª temporada con nova colaboradora e co actor Jorge López

0
47

Tamén estará pintando a mona Iván Pantín, o flamante gañador do bote do ‘Atrápame se podes’

'Land Rober Tunai Show' arranca a súa 10ª temporada con nova colaboradora e co actor Jorge López

Santiago, 14.09.2023.-   O equipo do ‘Land Rober Tunai Show’ (21:50 h) ten xa todo en marcha para arrancar a súa 10ª temporada, que chegará cargada de sorpresas e de novas caras, seccións e personaxes.

Neste primeiro programa, o convidado será o actor Jorge López, que interpreta o protagonista da serie ‘Operación Marea Negra’ na súa segunda temporada, que se estrea o vindeiro luns na TVG. ‘Land Rober Tunai Show’ tamén recibirá o protagonista do que foi sen dúbida un dos momentos televisivos dos últimos tempos: a entrega do bote do ‘Atrápame se podes’. Iván Pantín explicará como fixo para gañar esa morea de cartos.

Os espectadores deberán estar moi atentos esta noite porque o programa contará cunha nova compañeira. Ademais, volven as aventuras de Dosinda, que vai experimentar na súa propia pel as toleadas dos peregrinos que chegan a Compostela.

O toque musical virá da man de Clarence Bekker Band e o programa tamén descubrirá quen se encargará da cabeceira desta nova temporada. Coma sempre, Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo serán cada xoves os encargados de facer rir a esgalla os espectadores da Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es