‘Land Rober Tunai Show’ celebra esta noite os Santos Inocentes coa visita do cómico Víctor Fábregas

0
21

Roberto Vilar e o seu equipo repasarán os momentos máis divertidos das canles autonómicas e farán un ranking cos mellores figurantes do programa en 2023 (21:50 h)

'Land Rober Tunai Show' celebra esta noite os Santos Inocentes coa visita do cómico Víctor Fábregas

Santiago, 28.12.2023.- O último ‘Land Rober Tunai Show’ do ano recibirá a visita do cómico Víctor Fábregas, que chega disposto a pintar a mona coma nunca e que será posto a proba nun xogo de xemelgos.

O público do programa tamén vai ser o protagonista, porque, como non podía ser doutro xeito neste 28 de decembro, o espazo da TVG festexará os Santos Inocentes. Deben prepararse porque entre eles van estar as vítimas desta sorpresa.

 Ademais, Roberto Vilar e o seu equipo repasarán os momentos máis divertidos das canles autonómicas en ‘Zapiando por aí abaixo’ e farán un ranking dos mellores figurantes que pasaron polo estudio de gravación durante este 2023 que está a piques de rematar.

Fuente Crtvg.es