‘Land Rober Tunai Show’ comeza o ano co especial ‘Pretty Rober’, que terá como protagonistas os Piosos e os Mariscadores

0
44

Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite (23:00 h) coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa

'Land Rober Tunai Show' comeza o ano co especial 'Pretty Rober', que terá como protagonistas os Piosos e os Mariscadores

Santiago, 04.01.2023.-   A Televisión de Galicia ofrece esta noite unha edición especial do programa ‘Land Rober Tunai Show’ titulada ‘Pretty Rober’, que será un spin-off do espazo presentado por Roberto Vilar e que terá como protagonistas os seus personaxes máis coñecidos.

Por un lado, os espectadores vivirán novas aventuras co particular matrimonio dos Piosos, os personaxes que máis éxito tiveron o ano pasado no programa da TVG. Polo outro, descubrirán as novas ocorrencias de Josiño, o fillo da Familia de Mariscadores, cuxos pais se matan a traballar e non acaban de facer bo del.

Fuente Crtvg.es