‘Land Rober Tunai Show’ vaise de vacacións este xoves co gran Berto Romero como convidado especial

0
6

O versátil Paco Lodeiro será outro dos protagonistas do programa, en que, amais de realizar as chamadas máis comprometidas en ‘Aló Land Rober!’, poderase ver de novo en acción ao Rei Emérito

'Land Rober Tunai Show' vaise de vacacións este xoves co gran Berto Romero como convidado especial

Santiago, 18.06.2020.-  Este xoves a retranca galega únese á ironía desatada de Berto Romero. Os espectadores deberán estar moi atentos aos divertidos momentos que se poden producir no programa. Amais do gran Berto Romero, visitará o ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h) o presentador Paco Lodeiro, que vai meterse nun bo barullo, con orquestra e todo implicada!
 
Por se fora pouco, Eva Iglesias, Luis Zahera e Roberto Vilar enfrontaranse ao ‘Aló Land Rober!’, chamadas ao chou para facer as bromas máis comprometidas. Cal dos tres conseguirá manter un minuto de conversa cun descoñecido?
 
E non podía faltar o Rei Emérito, que ten un labor ben importante que facer: a declaración da renda! Calquera cousa pode pasar na súa visita a Facenda…
 
O público do estudio tamén será protagonista esta noite coa nova entrega do ‘A quen lle pasou?’, onde as anécdotas máis disparatadas enfrontarán a Rober e Luis Zahera nun duelo moi divertido!

Fuente Crtvg.es