‘Malicia Noticias’, líder de audiencia o domingo na súa estrea esta temporada

0
21

Santiago, 14.09.2020.-    ‘Malicia Noticias’ volveu onte domingo á grella da Televisión de Galicia e logrou unha gran resposta do seu público. O informativo máis irreverente e divertido da Galega estreou temporada e foi líder da noite cun share do 14% e unha audiencia total de 231.000 espectadores.

As redes sociais celebraron tamén a estrea e, de feito, xogan un papel fundamental no espazo, coa nova sección ‘Redes Maliciosas’, unha aposta desta nova etapa, tanto en pantalla coma nas plataformas do programa (Tik Tok, Instagram, Facebook, Twitter…).

Desde esta semana, e de domingo a mércores, ‘Malicia Noticias’ abre o tramo de entretemento do prime time da canle pública, para contar a actualidade en clave de humor da man dos presentadores e reporteiros Arturo Fernández, Pepe Capelán, Lucía Veiga, Noelia Rei, Brais Doval, Oswaldo Digón e Rocío Candal. O espazo segue a contar cos personaxes emblemáticos Nenita, Santas Mariñas e o secretario xeral de Panchangueo, así como con novas fichaxes: os Cazafochancas, os Patixogos e Xurxo Castelao. ‘Malicia Noticias’ estará, ademais, moi pendente das novas e contidos da grella da TVG e da Radio Galega para repasar a actualidade, pero con ‘malicia’.

Fuente Crtvg.es