‘Malo Será!’ volve polo día dos Inocentes cunha función desde o Auditorio Mar de Vigo, coa actriz María Mera como convidada

0
19

Sara Fernández representará o novo talento vigués nun programa en que non faltarán bromas, situacións surrealistas e unha chea de personaxes

'Malo Será!' volve polo día dos Inocentes cunha función desde o Auditorio Mar de Vigo, coa actriz María Mera como convidada

Santiago, 28.12.2022.- Neste Día dos Inocentes, o programa ‘Malo Será!’ fará unha nova parada na ruta que leva o mellor humor polos teatros de toda Galicia. O Auditorio Mar de Vigo acolle un novo episodio do espectáculo conducido por Lucía Regueiro, que desta volta contará coa actriz María Mera como convidada e con Sara Fernández representando o novo talento vigués.

Neste capítulo, Chiruca enfrontarase a novas formas de gastronomía e a coñecida construtora de Moncho e Paco presentará o seu proxecto de reforma da praza do Obradoiro. Non faltarán bromas, situación surrealistas e unha chea de personaxes que farán gozar o público ao outro lado da pantalla e nas butacas do teatro. 

Fuente Crtvg.es