Marta Sánchez e o grupo Milladoiro, convidados no ‘Bamboleo’ deste venres

0
21

Santiago, 15.12.2023.-     Unha das grandes estrelas da música pop española, Marta Sánchez, deleitará esta noite a público e espectadores de ‘Luar’ coa súa potente voz. Estará acompañada no programa que presentan Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez por Milladoiro, o Grupo Origen ou o artista galego Fran Sotelo.

Tras case catro décadas enriba dos escenarios, Marta Sánchez levaba dous anos sen novos temas. A comezos deste 2023 lanzou ‘Contigo’, unha balada en que homenaxea o amor e en que amosa o bo momento persoal que atravesa. Interpretaraa hoxe, xunto con outros temas populares do seu repertorio.

Outros veteranos dos escenarios e das romarías, tamén con catro décadas de carreira musical, son Milladoiro. A banda folk galega fará gozar hoxe a audiencia da TVG con temas como ‘Ciencia do agro’ ou  ‘Traíñas na ribeira’.

Ademais, coma cada venres, ‘Luar’ recollerá o mellor da tradición musical popular de Galicia, esta noite representada polas pandeireteiras Chorima de Rois e a Foliada Vai Boa. E, no concurso musical ‘Recantos’, competirán Tania Queiruga, pola contorna Noia-Barbanza, e Adrián Martínez, pola Arousa.

Fuente Crtvg.es