Melody, María José Santiago, Valeria Castro e Malvela presentan esta noite en ‘Luar’ os seus últimos temas

0
28

Santiago, 13.03.2023.- A artista Melody volve ao escenario do ‘Luar’ esta noite. A solista sevillana, que se dera a coñecer con tan só dez anos e os seus famosos temas ‘El baile del gorila’ e ‘De pata negra’, segue a lograr éxitos dúas décadas despois. Estará no programa musical dos venres para interpretar o seu último lanzamento, ‘Mujer loba’, e mais outros temas tradicionais do seu repertorio. 

Os espectadores da TVG escoitarán este venres outra voz andaluza clásica, tamén lanzada a través dun concurso musical, a de María José Santiago. Tras gañar ‘Gente joven’, en 1981, non baixou dos escenarios, converténdose nunha estrela do flamenco e a copla, faceta que compaxina coa de presentadora de televisión. Interpretará éxitos dos seu disco ’40 María José Santiago’, que saíu ao mercado o pasado e co que celebra as catro décadas do lanzamento do seu primeiro álbum.

Ademais, estará no espazo musical a canaria Valeria Castro, que se fixo popular en redes sociais polas súas versións de artistas coma Rosario, Pereza ou Mercedes Sosa. Interpretará ‘Costumbre’, single de presentación do seu primeiro  disco, ‘Con cariño y con cuidado’, que lanzou hai uns días. A solista apunta forte nos primeiros pasos da súa carreira, xa en 2022, o seu primeiro EP, ‘Chiquita’, en que mesturaba influencias folclóricas e raíces canarias, chegou en ao millón de reproducións en en Spotify.  

Coma sempre, o ‘Luar’ recollerá os sons galegos. Neste caso, coas pandeireteiras do Rivés, o grupo de baile Azaloira de Calo e Malvela, que presenta o seu último videoclip, ‘O ramalliño violeta’. Tamén animarán a noite a orquestra Trébol e o espectáculo de danza ‘Dinner Show’. Campos e Crespo, Julito e Merche e a señora de Palmírez poñerán o humor.

Doutra banda, termina a terceira fase do concurso ‘Recantos’. Esta noite saen da competición dous recanteiros, co que quedarán dez. Ademais, os espectadores verán as actuacións de Adrián, de Bergantiños, e Lucía García, de Costa da Morte. 

Fuente Crtvg.es