‘Na Mente do Asasino’ dedica este martes o programa a afondar no caso do crime de Monfero

0
12

En 2002, Isabel Marcos, obsesionada con ser nai, asasinou a súa amiga Vanessa para quedar co seu bebé (22.30 h)

'Na Mente do Asasino' dedica este martes o programa a afondar no caso do crime de Monfero

Santiago, 20.10.2020.-     O programa ‘Na Mente do Asasino’ tratará esta semana o caso do crime de Monfero, acontecido en 2002, en que Isabel Marcos Maceiras, de 28 anos, tiña unha obsesión por ser nai canto antes. Os intentos por quedar encinta do seu marido e do seu amante non frutificaban, así que esta veciña de Monfero ideou un macabro plan: quedar co fillo que esperaba unha coñecida. Isabel finxiu o seu propio embarazo e acabou asasinando a Vanessa para quedar co seu bebé.

Coas intervencións do catedrático de Psicoloxía Criminal Jorge Sobral, da xornalista Carmela López e de veciños e familiares, o espazo da TVG afondará no caso e nos detalles dos feitos.

Estes serán analizados a continuación na habitual mesa de debate de ‘Na Mente do Asasino’, moderada por Pablo Carballo, en que se falará do suposto máis baixo na realidade homicida do noso país: que unha muller mate a outra. Para botar luz sobre por que matan menos as mulleres, como o fan e por que, estarán no programa o catedrático de Psicoloxía Criminal Jorge Sobral, a doutora en Pedagoxía Mar Lorenzo, o criminólogo Luís Alamancos e a forense do Imelga Berta Rodríguez.

Fuente Crtvg.es