Noite de ‘Bamboleo’ coas actuacións do dúo K-Narias e do compositor compostelán Fredi Leis

0
51

Santiago, 24.04.2021.-  ‘Bamboleo’ (22.00 h) ofrece unha nova noite de espectáculo este sábado na Televisión de Galicia. Xosé Manuel Piñeiro contará con convidados como K-Narias, Fredi Leis e a orquestra Los Players, unha formación que chega absolutamente renovada e disposta a continuar a súa brillante traxectoria sobre os escenarios.

K-Narias é un dúo formado por dúas irmás xemelgas que recollen éxitos aos dous lados do charco. Despois de destacaren entre os artistas máis representativos das illas Canarias e acadar fama internacional, as irmás Gara e Loida puxéronlle voz ao Carnaval das Illas Canarias 2020, co tema ‘Llegó el Carnaval’, que precisamente interpretarán en ‘Bamboleo’, unha canción alegre alegre e divertida, como é tamén o seu último sinxelo: ‘Todo brilla’.

Pola súa parte, Fredi Leis enche teatros e pavillóns nos seus concertos. Despois de triunfar co seu traballo ‘Neón’ e esgotar entradas nos seus concertos, o compositor compostelán publica un novo tema titulado ‘Nivel experta’, unha canción que define o artista e que esta noite cantará en vivo no programa.

Ademais, Marley e Leo, parella de bailaríns procedentes de Venezuela e residentes en Madrid, farán dúas espectaculares coreografías no ‘Dirtidansi’, dúas bachatas de ritmo trepidante con acrobacias incribles.

Os participantes do ‘Agora ou Nunca’, Lidia Lamas e Jaime Valiño, subirán ao escenario para interpretar dous temas ben dispares: ‘Sargento de hierro’, de Morgan, e ‘Triniá’, de Marifé de Triana.

No karaoke de ‘A Jrileira’, Felipe e Camiño xogarán en representación da Sociedade Deportiva Cruces, de Vila de Cruces, e da Asociación Deportivo Cultural Arqueiros da Terra, de Arzúa. Cantarán o tema ‘Dos hombres y un destino’, de David Bustamante e Álex Casademunt, precisamente en homenaxe ao intérprete catalán, e sumarán puntos adiviñando cantantes.

En ‘A ITV do Amor’ un participante de público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella de Alba a partir das respostas dos seus posibles mozos: Juan, Javi e Dani. Iso sempre que non se deixen despistar polos colaboradores, xa que Damián, Tamara, Javi e Isi están sempre moi atentos.

Fuente Crtvg.es