Noite de ‘Saudade de ti’ na TVG, con Celia confesándolle a Santi a tormentosa relación que mantivo con Garay, que está en Abrente para vingarse dela

0
42

Santiago, 25.06.2023.-    Sen poder contar co apoio nin co afecto de Raúl, esta noite, en ‘Saudade de ti’ (22:50 h), Celia confésase con Santi sobre a tormentosa relación que mantivo con Garay. Primeiro foron amantes e despois Celia viuse obrigada a denuncialo pola neglixencia médica que cometeu coa paciente Leire Uribe. Garay acabou no cárcere, pero prometeu vingarse dela e agora está en Abrente.

Mentres tanto, Dimas descobre que o verdadeiro motivo polo que Elba quere ir ao Uruguai é para ver a Lucho, de quen segue namorada. Para evitar un romance entre o prometido da defunta Uxía e a súa outra filla, Dimas trata de sabotar a viaxe de Elba. Ao mesmo tempo, pretende evitarlle a Teresa o desgusto de coñecer a verdade. Outro que tamén quere ir a Montevideo é Brais, interesado en descubrir se Noa botou mozo alá ou segue namorada del.

A continuación, no segundo capítulo da serie que a TVG emitirá esta noite, os espectadores verán como Garay está en Abrente para esixirlle a Celia que confese a súa responsabilidade na morte de Leire Uribe. Debido á presión, a doutora comeza a sufrir ataques de ansiedade e Santi vese obrigado a tomar cartas no asunto para protexer a súa compañeira.

En canto teñan os resultados das probas de ADN, Raúl quere ir vivir con Celia. Ese é o motivo polo que pretende deixar a empresa de seus pais, iso si, cobrando unha indemnización. Adela non lle vai poñer fácil desvincularse deles nin de Mónica.  

Por outro lado, a viaxe de Elba ao Uruguai é inminente, pero Dimas non quere que a súa filla se bote nos brazos de Lucho. Para evitalo, suxírelle a Teresa que el debería ir coa filla a Montevideo.

Fuente Crtvg.es