O actor Fernando Tejero revolucionará esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’

0
34

Ademais, Noelia Rey, reporteira do ‘Malicia Noticias’, participará no ‘Quen vés sendo?’, e ofrecerase unha nova entrega do ‘Pasa pa casa’, onde se pon a proba a intuición dos convidados (21.55 h)

O actor Fernando Tejero revolucionará esta noite o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 29.04.2021.-    O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves o carismático e inimitable Fernando Tejero. O actor, coñecido pola famosa serie ‘La que se avecina’, chega disposto a todo, mesmo a meterse na pel dun shériff ou gastar as bromas telefónicas máis divertidas en ‘Aló Land Rober’.

Ademais, o espazo presentado por Roberto Vilar vai entrar nas casas dos seus seguidores, xa que se ofrecerá unha nova entrega do ‘Pasa pa casa’, onde se pon a proba a intuición dos convidados. Saberán se os participantes viven sós ou cos seus pais?

Por se fose pouco, o ‘Land Rober’ desta semana incluirá a divertida sección ‘Quen vés sendo?’, que contará cunha maliciosa, Noelia Rey, do programa ‘Malicia Noticias’, para intentar descubrir a historia que agocha a señora que visita hoxe o programa.

Fuente Crtvg.es