O Alcorcón-Lugo abre o venres o ‘Galicia en goles’ na Radio Galega

0
17

Santiago, 19.11.2020.-  A xornada de fútbol comeza o venres para os nosos representantes. Desde as sete menos cuarto da tarde, o ‘Galicia en goles’ que conduce Paco Santos retransmitirá o Alcorcón-Lugo, da Segunda División, coa narración de Andrés Vieites e os comentarios de Emilio González e Rafa Porto.

O sábado, desde as 3, Xoán Galán dirixe unha tarde chea de emoción co Sevilla-Celta, na Primeira División, e o derby da Segunda B entre o Rácing de Ferrol e o Compostela na Malata. Ademais, o programa contará o encontro de baloncesto entre o Obradoiro e o Burgos, desde o Multiusos do Sar.

Xa o domingo, ás 12, a sesión matinal estará centrada na Segunda B co Celta B-Zamora e na Terceira, co Fabril-As Pontes e o Somozas-Paiosaco. Pola tarde, desde as 3, o protagonismo será para o Guijuelo-Deportivo, o Pontevedra-Salamanca e o Unionistas-Coruxo, de Segunda B, xunto á xornada de Terceira. No último treito, ás oito e media do serán, xornalistas e adestradores debaterán sobre os resultados dos nosos, no Faladoiro. A mesa de debate continuará ás 11 da noite en ‘Ao contraaataque’, da man de Pedro Pablo Alonso.

Ademais, os oíntes da Radio Galega teñen outras citas co deporte. O sábado, á 1 do mediodía, Alfonso Pardo visita Tordoia, onde ademais do equipo de fútbol da vila teñen outro en Suíza. Ás 11 da noite, Rodrigo Pérez analiza a actualidade do motor no ‘Gas a fondo’, mentres ás once e media Toni López resume o sucedido nos Campionatos de España de halterofilia desenvolvidos na Coruña.

Fuente Crtvg.es