O balonmán, o baloncesto e o fútbol son protagonistas nos medios públicos galegos esta fin de semana

0
23

Santiago, 04.02.2022.-  Dous conxuntos moi igualados na Liga Asobal, o Cangas Frigoríficos Morrazo e o Viveros Herol BM. Nava, porán en marcha os marcadores deportivos nos medios públicos galegos esta fin de semana. O partido poderase seguir o sábado, en directo, ás 17:00 horas, na G2 e na G24.gal.

Como é costume, ofrecerase unha variada participación galega na 2ª División RFEF de fútbol, que dará comezo o sábado, ás 19:00 horas, co partido que disputará o C. D. Arenteiro co U. C. Ceares. Se quere fuxir dos postos de descenso, o conxunto ourensán deberá ir a por todas fronte ao pechacancelas.

Continúan as retransmisións de encontros na 2ª RFEF o domingo. Ás 12:00 horas, será a quenda do Coruxo F. C. e o Navalcarnero C. F., un partido difícil para os locais ante un visitante ambicioso, terceiro na táboa, que precisa sumar puntos para acadar o seu obxectivo.

A partir das 18:30 horas, toda a atención dos medios públicos galegos virará cara a Riazor, onde o Leyma Coruña se enfrontará o Coviran Granada. Cita destacada da vixésima xornada da LEB ouro de baloncesto á que asisten os granadinos como líderes fronte a un equipo local situado na metade da táboa.

E unha fin de semana máis, os afeccionados ao deporte poderán gozar na G2 de dous dos partidos da xornada das competicións francesa e portuguesa de fútbol. A partir das 20:45 h, os espectadores poderán ver, en directo, a contenda estelar da France Ligue 1 entre o Lille O. S. C. e o PSG F. C,, en que o líder visita o vixente campión, e, ás 16:30 horas, un dos encontros destacados da Primeira Liga portuguesa, o que xogue o Vitória Guimarães co Sporting de Braga.  

Fuente Crtvg.es