O Breogán e o Ourense de baloncesto, o Rácing en fútbol e o Cangas de balonmán, citas destacadas na CRTVG

0
16

Santiago, 19.03.2021.-  A emoción do deporte volve ser protagonista das transmisións da G2 e a web da CRTVG esta fin de semana. Os medios públicos galegos prestarán atención especial aos campos de fútbol galegos de 2ª B e á participación de conxuntos galegos de baloncesto e balonmán na categoría LEB Ouro e Asobal, respectivamente.

A oferta deportiva comeza o sábado co partido que disputará o Leche Río Breogán co Covirán Granada, ás 19.00 horas, correspondente á LEB Ouro na segunda fase polo ascenso.

Na xornada matinal do domingo continúa sendo protagonista o baloncesto. Desde o Paco Paz da cidade das Burgas, ás 12.00 horas, poderase seguir en directo o Ibereólica Renovables Ourense-ICG Força Lleida, nesta ocasión, na fase pola permanencia.

Os afeccionados ao fútbol terán pola tarde en ‘A Liga das Cidades’, ás 17.00 h, un novo partido do Rácing de Ferrol de 2ª B, que recibe na Malata ao C. D. Guijuelo, que fora adiado por mor dun gromo de covid no conxunto galego, que acaba de perder outro partido recuperado fronte ao Coruxo.

A oferta deportiva da canle pública galega para esta fin de semana completarase co Cangas Frig. Morrazo-Incarlopsa Cuenca (19.00 h) da Liga Asobal de balonmán, onde o equipo galego intentará gañar este encontro para afastarse dos postos máis baixos da táboa.

Fuente Crtvg.es