O cirurxián Diego González e o influencer Jorge Cremades, convidados esta noite no ‘Land Rober Tunai Show’

0
13

Volven dous clásicos do programa: ‘As mañás de Marilú’ e ‘Casados ou divorciados’

O cirurxián Diego González e o influencer Jorge Cremades, convidados esta noite no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 30.09.2021.-   O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (22.00 h) xunta este xoves dous fenómenos. Por un lado, o cirurxián Diego González, que vai ter que demostrar a precisión que ten dun xeito ben especial. Ao show unirase o influencer Jorge Cremades, que descubrirá o postureo que temos os galegos nas redes.

Por outro lado, volven ‘As mañás de Marilú’, onde os espectadores verán que pasa co virólogo que traballa no espazo informativo e comprobarán como avanza a vacinación. Nisto terá moito que ver a actriz galega Paloma Otero.

Por se fose pouco, esta noite chega unha nova entrega do clásico ‘Casados ou divorciados’. Como é habitual, non faltarán á súa cita co humor o presentador do programa, Roberto Vilar, e os ‘pintamonas’ Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es