‘O compás do tempo’ achégase hoxe na G2 ao legado romano de Xulio César en Hispania

0
19

Malia que se descoñece con exactitude se chegou á Coruña ou a Betanzos, o certo é que a pegada romana aínda está presente en Galicia máis de dous mil anos despois da súa morte

'O compás do tempo' achégase hoxe na G2 ao legado romano de Xulio César en Hispania

Santiago, 11.01.2022.-    En Roma, no ano 73 antes de Cristo, un home comeza a desenvolver un poder nunca antes alcanzado, Xulio César, político e militar, que acadaría a maior das glorias, aínda que non foi tarefa doada. A serie documental ‘O compás do tempo’ (23.25 h) segue hoxe na G2 as pegadas de Xulio César á súa chegada a Hispania, no ano 70 a.C., como maxistrado e xestor económico, e o seu percorrido posterior tamén a Galicia.

Din que chorou en Cádiz ao contemplar de preto unha escultura de Alejandro Magno. Xulio César necesitaba conquistas para triunfar e agora si que o lograría. Seguiu toda a costa atlántica da Península Ibérica e chegou a Brigantium, a actual Galicia, no ano 61 a. C. Malia que se descoñece con exactitude se chegou á Coruña ou a Betanzos, o certo é que o legado romano aínda está presente máis de dous mil anos despois da súa morte.

Fuente Crtvg.es