O deporte segue dando moito xogo nas radiotelevisións autonómicas

0
6

Santiago, 05.05.2020. A pandemia da Covid-19 supuxo cambios nas programacións das radiotelevisións audiovisuais públicas que forman a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), tamén na información deportiva, unha parte fundamental na nosa cultura e na nosa vida. Aínda que algúns programas viron reducida a súa duración debido á falta de actividade e ao peche temporal das competicións deportivas, a maioría adaptouse ás circunstancias e intentou sacar partido da situación, reinventándose e ofrecendo aos espectadores e oíntes novos contidos.

Revivindo os mellores momentos

Moitas das canles dedican espazos para retransmitir partidos importantes ou os mellores momentos dos equipos das respectivas comunidades. Entre elas À Punt que recuperou diversas partidas da pilota valenciana, ademais de partidos históricos, principalmente de fútbol; TV3 con algúns dos mellores partidos de tenis, así como documentais e programas especiais; e a CRTVG, que retransmite antigos partidos de fútbol, baloncesto, fútbol sala feminino, balonmán, rugby feminino ou hóckey sobre patíns, dos clubs galegos; tamén a Televisión de Castilla-La Mancha (CMM) recuperou 160 partidos de diversas modalidades deportivas que se emiten diariamente, en streaming, en CMMPlay. Entre outros deportes, a radiotelevisión pública vasca EITB céntrase no ciclismo, deporte con gran seguimento en Euskadi, e recorda xestas tanto de ciclistas vascos como de renome internacional. E en ETB a pelota mantén as súas citas a fin de semana recuperando algúns dos mellores partidos e monográficos sobre pelotaris.

Entrevistas e grandes encontros

O número de entrevistas e colaboracións con deportistas da elite aumentou durante o confinamento.  Canles como Canal Sur, CMM ou À Punt realizan entrevistas virtuais dos seus deportistas ou dirixentes do mundo do deporte. É tamén o caso de medios como Aragón TV, con consellos de deportistas da talla de Teresa Perales, Toni Abadía, Carlos Pauner, Isabel Macías ou Demetrio Lozano; da CRTVG cos seus espazos para sesións de ximnasia e deporte en casa, polas mañás, e co seu microespazo “Adestra #NaCasa”, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte no que participan deportistas profesionais galegos; ou da canle canaria RTVC, con consellos de exercicios e mantemento nos programas ‘#Resistiremos’ e ‘Viva mi gente’.  Entre outras iniciativas cabe destacar tamén Canal Sur Radio, que ofrece os sábados e domingos entrevistas, faladoiros e moita imaxinación con enquisas, xogos e interacción cos seus oíntes; e a televisión de Ibiza IB3, que creou a sección #EsportistesEssencialsIB3 centrado aqueles que combinan o deporte con actividades esenciais durante o estado de alarma.

As emisións deportivas virtuais tamén se encontran entre as programacións favoritas: CRTVG narrou o I Torneo Virtual LFM FIFA20, entre clubs galegos da Segunda División B de fútbol e da Terceira Galega, así como o #DesafíoABANCA que enfrontou aos tres equipos galegos de fútbol profesional, Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Lugo; CMM ofreceu a retransmisión e narración de eSports, torneo de fútbol virtual con todos os equipos de 3ª; e a radio EiTV Euskadi Irratia a retransmisión da liga virtual Euskalplay. Outras iniciativas son a de Aragón TV, cun calendario de recomendacións culturais relacionadas co deporte; a de EiTB, que estreou un documental sobre a piragüista olímpica Maialen Chourraut e outro sobre o centenario da carreira Behobia-San Sebastián; ou IB3, que narra a historia do deporte na sección Vintage de IB3ràdio

O lado solidario do deporte

TV3, IB3 e Canal Sur destinan parte da programación á difusión das campañas e iniciativas solidarias impulsadas por deportistas e clubs. Canarias Radio ponse en contacto con heroes anónimos que aportan o seu gran de area ou con deportistas canarios que colaboran, por exemplo, fabricando máscaras. E en Galicia, a CRTVG emite mensaxes de ánimo, que os deportistas profesionais envían a programas como “Diario En Xogo”, ou aos espazos “Zona Mixta” e “Galicia en Goles” da Radio Galega.

………………………………..

Fuente Crtvg.es