O documental ‘Eterno Quini’, que repasa a traxectoria do mítico dianteiro asturiano, nova estrea este martes na G2

0
17

Santiago, 28.09.2021.-  Un novo documental de estrea chega este martes á grella da G2, que desta volta emitirá ‘Eterno Quini’ (23.25 h), un repaso á traxectoria do mítico dianteiro asturiano Enrique Castro González, coñecido como El Brujo, quen chegou a ser sete veces pichichi da liga española, desde as súas humildes orixes no Llaranes ata o seu éxito no Spórting de Xixón, no Barcelona e na selección española.

Esta produción conta coa intervención de familiares, compañeiros e amigos do añorado futbolista, como Alexanco, David Villa, Juan Mata, José María García, Juanma Castaño, Pedro Ruiz, José Antonio Camacho, Arturo Fernández e Rafael Gordillo, entre outros moitos.

‘Eterno Quini’ é un documental imprescindible dedicado a un personaxe moi querido, unha lenda que foi exemplo tanto a nivel deportivo coma na súa vida persoal. É a historia dun neno que soñaba con converterse nun ídolo do fútbol e que acabou sendo, ademais, unha persoa de lenda.

Fuente Crtvg.es