O documental ‘How did I live in a forest’, que esta noite estrea a G2, retrata a vida nas montañas remotas de Romanía

0
30

Esta produción da canle romanesa TVR Timisoara foi a gañadora do Premio Circom 2021 na categoría de ‘Minorías na sociedade’ (23.25 h)

O documental ‘How did I live in a forest’, que esta noite estrea a G2, retrata a vida nas montañas remotas de Romanía

Santiago, 26.04.2022.-    Como cada martes, a segunda canle da Galega estreará hoxe un novo documental nas súas ‘Noites temáticas’. Nesta ocasión, será a quenda de ‘How did I live in a forest’ (‘Como vivín nun bosque’), unha produción da canle romanesa TVR Timisoara, que gañou o ano pasado o Premio Circom na categoría de ‘Minorías na sociedade’.

O documental achégase ao día a día da poboación, maioritariamente anciá e pobre, que se aferraba a unha vida solitaria nas ladeiras remotas de Romanía e como se lles procurou axuda.

Fuente Crtvg.es