O documental ‘O soño de papá’ aborda na G2 o afán de moitas familias porque os fillos acaden éxito no fútbol

0
18

Santiago, 10.5.2022.-  É moi difícil medir a importancia social do fútbol na actualidade, pero pódese afirmar que é, sen dúbida, o espectáculo que máis atención goza do mundo. Cando hai un partido importante, non hai ningunha cidade, deserto ou selva no planeta que non o estea a seguir, xa sexa do xeito máis precario ou do xeito máis sofisticado tecnoloxicamente.

Un recoñecido futbolista europeo ten seguidores en Asia, Nova Zelandia ou África. Internet multiplicou os modos de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, desde hai uns anos algúns partidos da liga española ou inglesa vesen comodamente na China. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera programa de televisión ou radio, e a cantidade de diñeiro que move é igual de espectacular.

Neste contexto, formar parte da elite futbolística é un soño polo que loitar. Quizais para o que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia. E é dos nenos futbolistas do que trata ‘O soño de papá’, documental dirixido por Xavier Bermúdez e participado pola Televisión de Galicia, que achega a G2 esta noite, ás 23:25 horas.

Fuente Crtvg.es