O documental ‘Yann Fañch Kemener, singing through life’ amosa este martes na G2 o traballo deste cantante para preservar a lingua e a música tradicional bretoas

0
30

Ademais de ser unha homenaxe ao artista, esta produción de France 3 (23.25 h) é tamén unha historia sobre a rexión francesa da Bretaña, contada con paixón e dedicación

O documental ‘Yann Fañch Kemener, singing through life’ amosa este martes na G2 o traballo deste cantante para preservar a lingua e a música tradicional bretoas

Santiago, 07.09.2021.-    Os espectadores da G2 poderán ver este martes un novo documental de estrea, nesta ocasión ‘Yann Fañch Kemener, singing through life’, unha produción de France 3 Bretagne sobre o cantante Yann-Fañch Kemener, que dedica a súa vida a preservar a lingua tradicional bretoa e os seus sons e letras tradicionais.

A combinación de debuxos, imaxes da natureza e música fan deste documental un impresionante retrato, belo e conmovedor. Ademais de ser unha homenaxe ao artista, tamén é unha historia sobre a rexión francesa da Bretaña, contada con paixón e dedicación.

Fuente Crtvg.es