O dúo Azúcar Moreno, a piques de celebrar 40 anos no mundo da música, e a banda galega Lontreira, convidados esta semana no ‘Bamboleo’

0
25

Santiago, 28.10.2023.-    ‘Bamboleo’ regresa este sábado coa mellor música, moito baile e grandes doses de humor. Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro conducen esta nova entrega, que contará coa visita das irmás Antonia e Encarna Salazar: Azúcar Moreno. Cando están a piques de facer 40 anos no mundo da música, continúan entre as primeiras figuras do panorama musical español. Hoxe compartirán súa música e participarán nos xogos que os colaboradores lles teñen preparados.
 
A banda galega Lontreira estará tamén no espazo da TVG comentando o seu primeiro traballo discográfico, ‘Apnea’, e, por suposto, ofrecendo a súa mellor música. Os ritmos máis verbeneiros chegarán desde o país veciño da man da agrupación portuguesa Arkadia, que ofrecerá unha curiosa selección musical. No tempo dedicado ao baile profesional, a pista do ‘Bamboleo’ recibirá a David e Ruth, especialistas en bailes latinos que chegan de Madrid.

A jrileira’ contará coa participación das comisións de festas de San Antonio de Xallas, en Cee; de Rial, en Val do Dubra; da Virxe da Cabeza de Lourido, en Salvaterra de Miño, e o Hóckey Club Cambre. Das semifinais sairán dous equipos que se medirán na final: en primeiro lugar, no karaoke co tema ‘Abre tu mente’, de Merche, e, a continuación, intentando adiviñar o maior número posible de intérpretes en minuto e medio de tempo. As tres comisións eliminadas terán outra oportunidade de gañar premios no xogo da ‘Repesca’, que lles permitirá xogar na sección final do programa: ‘A ITV do amor’.

Fuente Crtvg.es