O ‘Efervesciencia’, realizado nos Azores, achégase hoxe a relevantes achados científicos sobre estas illas

0
20

Santiago, 18.5.2022.-   O ‘Efervesciencia’ deste mércores, realizado desde as illas dos Azores no marco do X Congreso Anual de Comunicación Científica, que desenvolve a SciComPt -Rede portuguesa de comunicación científica e tecnolóxica-, achegará esta noite os contidos máis destacados desta edición, en que se reflexionou sobre o alcance e eficiencia da comunicación científica estes anos de pandemia, entre outras moitas cuestións.

O espazo de información científica da Radio Galega, que dirixe e presenta Manuel Vicente, habitual deste encontro anual, aproveitou a estadía na illa de San Miguel para coñecer o traballo do investigador galego Marín Souto, que está a desenvolver o seu posdoutoramento na Universidade de Ponta Delgada, onde estuda os sedimentos das lagoas volcánicas do arquipélago. O equipo, co que traballa o doutor Souto, publicou o ano pasado na revista PNAS un artigo científico que revoluciona o coñecido ata o momento nestas illas: indicios de ocupación humana sete séculos antes da chegada dos portugueses. O programa percorrerá tamén con Martín Souto algúns dos puntos máis salientables da Illa de San Miguel.

Efervesciencia’ é un programa da Radio Galega producido pola USC, con financiamento da FECYT (Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía)-Ministerio de Ciencia e Innovación, que se emite cada mércores, ás 21:00 horas.

Fuente Crtvg.es