O equipo de ‘Galicia Bonita’ enfróntase esta semana en Barro a uns cortellos e unha palleira en estado calamitoso

0
0

Os esixentes propietarios non deixarán descansar nin un só minuto a Rosa Facal e os seus colaboradores

O equipo de 'Galicia Bonita' enfróntase esta semana en Barro a uns cortellos e unha palleira en estado calamitoso

Santiago, 02.03.2020.-   Esta semana, en Barro, a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores de ‘Galicia Bonita’ (22.30 h) enfrontaranse a uns cortellos e unha palleira nun estado calamitoso e a uns esixentes propietarios que non os deixarán descansar nin un só minuto.

Coa premisa duns donos que queren derrubar todo, o equipo do programa da Televisión de Galicia terá que botar o resto para chegar ao final da semana con algunha construción feita.

Fuente Crtvg.es