O equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ porá hoxe a proba o seu bo facer nunha vivenda tradicional de Malpica

0
28

As dificultades principais desta obra de grande envergadura estarán na parte posterior da propiedade de Eva e Josi, nun estado de conservación lamentable

O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' porá hoxe a proba o seu bo facer nunha vivenda tradicional de Malpica

Santiago, 24.10.2022.-    No lugar de Beo, en Malpica, a arquitecta de ‘Galicia Bonita’ (23.15 h), Rosa Facal, e o seu equipo de axudantes terán que facerlle fronte esta semana a unha vivenda tradicional de dúas plantas deteriorada polo tempo, unha construción que non destaca precisamente pola súa integración na contorna deste concello bergantiñán, que atesoura unha das máis importantes rehabilitacións patrimoniais de Galicia.

As dificultades principais desta reforma estarán na parte posterior da propiedade de Eva e Josi, nun estado de conservación lamentable, cunha leira abafada por cascallo, muros divisiorios e pendellos en semirruínas. A envergadura da obra vai poñer en cuestión o optimismo que caracteriza a xefa de ‘Galicia Bonita’.

Uns accesos insuficientes e as continuas escapadas laborais de José, xerente dunha barbaría nos baixos da casa, porán a proba o bo facer do equipo de reformas, por fin ao completo despois da volta de Javier e Laira.

Fuente Crtvg.es